EGAP: Cursos de linguaxe administrativa e xurídica galega.
- Idiomas
11 de de febrer de 2026
Poderá participar nas actividades formativas convocadas nesta resolución o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional de Galicia; da Administración de xustiza; das entidades locais de Galicia; e o persoal técnico, de xestión e de administración e servizos; das universidades do SUG.
O persoal que desexe participar nas actividades formativas convocadas nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática na páxina web da EGAP <https://egap.xunta.gal/matricula>, non sendo admisibles outras formas de solicitude.
O prazo de presentación de solicitudes será desde o día da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 18 de febreiro de 2026.
Os formularios poderán ser obtidos e cubertos en liña desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260211/AnuncioO150-030226-0002_es.html