Resumo mesa sectorial 17/06/2025.

  • CSIF Informa

17 de de juny de 2025

O resumo da mesa sectorial que tivo lugar hoxe foi o seguinte:

Comeza a DXX indicando uns erros nos cadros das rpts, en concreto nos equipos de familia creados en Coruña e Vigo, indicando que os números correctos serían: en Coruña 6 xestores e 6 tramitadores, e en Vigo 9 xestores e 9 tramitadores.

A DXX di que as rpts que saian como resultado desta negociación non serán definitivas e inamovibles, indicando que seguramente volveremos a sentarnos para revisar onde nos equivocamos. O director xeral comprométese a revisalo coas OO.SS. dentro de 3 meses e que se siga revisando con certa asiduidade, indicando que podería intentar facerse cada 6 meses.

Tamén indica o director xeral que están pensando en coller unha provincia piloto para tomala de referencia e analizar se fai falta máis ou menos xestores no SCT ou no SCEX e que non podemos olvidarnos de que a IA está aquí e non sabemos como nos fai afectar.

O director xeral informa que a partir da entrada en funcionamento da NUMO, o rexistro dos Xulgados de Vixilancia Penitenciaria vaise facer polo rexistro e reparto xeral.

A DXX confirma que as execucións que corresponden ás Audiencias Provinciais vanse a executar polo funcionariado do SCEX correspondente.

Tamén confirman que as xefaturas van compatibilizar con funcións procesuais.

Dende CSIF:

Reiteramos que son moi necesarios os protocolos de actuación, as cargas de traballo e que se determinen unhas funcións.

Centrándonos en Coruña, no TSX, pedimos que as LD e concursos específicos sexan menos e se aumenten os postos xenéricos , DXX dice que poden poñer máis postos xenéricos. CSIF pide un equipo para AP.

Insistimos en que non estamos dacordo coas jefaturas de equipo.

Figuran códigos GA ou VSM, pero non figuran códigos de apoio ou atención ó cidadán.

Dende CSIF non podemos permitir que se detraigan funcionarios que agora mesmo fan gardas, a DXX di que o poden revisar. A DXX di que por cada praza de xuiz e LAX que se cree, crearase 1 praza de funcionario e que con esa praza, coa nova estrutura, será suficiente para o aumento da carga de traballo. CSIF insiste en que se precisa máis persoal funcionario para cubrir esa carga de traballo, sobre todo incidindo nos casos de Ourense e Santiago ó comarcalizar a VIOXEN. Tamén indicamos que non vemos necesaria a figura do adxunto a dirección.

Pedimos equipos estruturais para todas as cidades.

Preguntamos que pasa coas quendas dos RC, a DXX indica que coa normativa as persoas que non pertenzan a RC non poderían realizar funcións de RC, e que no caso de Ourense, en concreto, mirarán se se pode aumentar o cadro de persoal do RC.

Achegamos o documento coas alegacións que dende CSIF presentamos á DXX.

Pregúntase se para a fase III vai haber manual de postos,ao que a DXX indica que se redactaron para o Imelga e Fiscalía, que empezaron a facelos para o resto e pedimos a Ministerio unhas bases e información para elaboralos e que lles responderon que non ían a facelos.

Toma a palabra a DXX para informar que a fase I está a piques de concluír. Van comezar a remitir os acordos da continuación das comisións e substitucións ao longo da semana que vén, e despois irían os interinos.

Respecto do segundo punto da orde do día, a reorganización:

A DXX incide en que na fase de confirmación, confirmarán aqueles funcionarios que estean facendo un traballo de continuidade, e sempre que haxa igual ou menor número de funcionarios que de prazas nesa área/equipo/código. Póñense de exemplo aqueles que tramitan e executan, que irán á fase de reordenación. Cando hai máis funcionarios que prazas, poden renunciar a esa confirmación e pasar á fase de reordenación. E no caso da reordenación, prima a antigüidade no centro de destino (toda a antigüidade acumulada na orde xurisdicional).

Vólvese incidir na comarcalización da VIOXEN en Ourense e Santiago e dende as OO.SS. pídese que non os confirmen por ser unha casuística moi concreta e que prexudicaría gravemente ao funcionariado que agora mesmo está en Instrución nestas cidades. A DXX di que o avaliarán.

En canto ó persoal de apoio, confirmaránse no SCX, no SCT ou no SCEX , dependendo das funcións que están desempeñando agora.

Dende CSIF propoñemos que para aqueles que tramitan e executan se lles ofreza en cal dos 2 servizos queren confirmar: no SCT ou no SCEX. Tamén pedimos que se valore que a xente interesada en VIOXEN podan elixir se queren confirmar ou non, indicando a DXX que de non confirmar, non manterían o código de VSM.

O director xeral dixo que non era posible a creación de prazas con motivo desta reorganización debido ós modelos e manuais existentes pero dende CSIF insistimos en que é diferente cando se crean dous órganos xudiciais como os dous de violencia de Santiago e Ourense pois nese caso sí debe levar aparellado un aumento de efectivos, en concreto, de 16.

A DXX indica respecto aos méritos dos postos singularizados, enviarannos unha proposta de bases de concurso específico, explicándoas na mesa de traballo do día 23/06/2025.

 

En rogos e preguntas:

O director xeral indica que calcula que para o segundo trimestre de 2026 teríamos Atenea en Galicia.

Ante a pregunta de por que a Xunta non pon os medios para que Atenea veña cos modelos en galego, a DXX indica que está firmado o acordo para que Atenea sexa biligüe, e que o Conselleiro quere que o Ministerio invirta parte do presuposto europeo para as linguas cooficiais en traducir os documentos ó galego. A DXX quere que unha vez estea en funcionamento Atenea, dende o 1º día xa teñamos o programa bilingüe, se non pode ser na totalidade, a lo menos na maioría.

CSIF pregunta por cando se van a colocar fontes de agua en Carballo, ao que a DXX di que cre que as van a colocar a semana que vén.  Tamén preguntamos para cando a dotación no mixto 4 de Betanzos dunha máquina de dixitalización, ao que a DXX indica que o trasladan a AMTEGA.

Por último, a Dirección Xeral di que pretenden ter rematada toda a negociación da Fase III en xuño e que en setembro pretenden comezar coa do teletraballo.

Fitxers adjunts

COMPARTIR