CONVOCATORIA MESA SECTORIAL XUSTIZA PARA O DÍA 17 DE XUÑO
- Negociaciones y acuerdos
- Últimas noticias
- CSIF Informa
12 de de juny de 2025

A Dxx convócanos a unha reunión da Mesa sectorial de xustiza, o próximo martes 17 de xuño, ás 10:00 h na Sala Colmeiro da EGAP, coa seguinte:
ORDE DO DÍA:
- Aprobación da acta da sesión anterior.
- Propostas de RPT da Fase III.
- Proposta do proceso de REORGANIZACIÓN DE EFECTIVOS.
- Proposta de bases do proceso de concurso específico.
- Rogos e preguntas.
Como documentación a valorar na Mesa xúntase a seguinte documentación.
- Borrador da acta da Mesa sectorial do 10 de xuño.
- Folla de cálculo coa proposta de RPT das oficinas xudiciais da Fase III. En síntese, respecto da versión avaliada na mesa do 10 de xuño, créanse EQUIPOS ESTRUTURAIS en Ferrol, A Coruña e Vigo. Engádese unha praza de tramitación a maiores para levar VSM na Coruña, en Santiago, en Ourense e en Vigo.
- Datos relativos á execución que serviron de base para a dotación dos SC de EXECUCIÓN.
- Borrador de resolución coa RPT das oficinas xerais do Rexistro civil da Fase III.
Engádese un posto de tramitación nas oficinas xerais do RC de Ferrol e de Lugo.
- Borrador da proposta do proceso de reorganización da Fase III.
Os cambios identificados en vermello. Engádense puntualizacións solicitadas na mesa e alegadas polas organizacións sindicais.
- Proposta de implantación do novo modelo organizativo determinado pola Lei 1/2025 nos partidos xudiciais da Fase I na Administración de xustiza en Galicia.