Campaña de vixilancia da saúde 2024

1 de febrero de 2024

-Publicada no DOG a orde para a solicitude de recoñecemento médico por parte do persoal da Administración Xeral da Xunta
-Prazo de inscricións: 4 meses dende o día seguinte á publicación

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde de inicio da Campaña de Vixilancia da Saúde para este ano 2024, pola que se abre o prazo para solicitar o recoñecemento médico para o persoal da Administración xeral da Xunta de Galicia.

A inscrición para estes recoñecementos médicos periódicos é voluntaria e pode realizarse:

-A través de PORTAX, para o persoal da Administración Xeral da Xunta de Galicia

-A través de OPAX, para o persoal da Administración de Xusticia.

O prazo de inscrición será de 4 meses desde o día seguinte á publicación no DOG, é dicir, dende mañá venres día 2 de febreiro.

 

COMPARTIR