CSIF rexeita a RPT de Política Social e abstense na de Educación e Cultura e na orde de flexibilización por conciliación

2 de octubre de 2023

CSIF vén de de amosar o seu voto en contra á RPT de Política Social e abstención á de Educación e Cultura e á orde de flexibilización por conciliación nas últimas xuntanzas da Mesa Xeral, celebrada o 27.09.2023 e na Comisión de Persoal do 29.09.2023.

No caso da RPT de Política Social, a consellería presentouna como unha "proposta de mínimos" e CSIF manifestou que, "en realidade, os cambios son mínimos en relación ás necesidades reais", de aí o voto en contra.

No caso da RPT da Consellería de Educación, Cultura, FP e Universidade, hai algunhas amortizacións de postos que se nos xustifican en base aos rateos establecidos na orde que regula os comedores escolares e as nosas alegacións baseábanse na necesidadede actualizar eses rateos e adaptalos á realidade, de aí a abstención.

No que atinxe á orde de flexibilización do horario por conciliación, quedan fóra do ámbito de aplicación desta orde o persoal que presta servizo nos contros docentes, o persoal da administración de Xustiza e o que presta servizo nas institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e pensamos que este persoal debería estar incluído, de aí a abstención.

RPT da Consellería de Política Social e Xuventude

A modificación proposta pretende, segundo a Consellería de Política Social, adaptar a estrutura de postos de traballo ás necesidades de persoal actualmente existentes. Nada máis lonxe da realidade.

A Consellería afirma que é unha proposta de mínimos. E a realidade é que os cambios son mínimos en relación ás necesidades reais. Pensamos que estes cambios, lonxe de mellorar a situación, empeórana e non pouco. Podemos resumir o dano inflixido por esta proposta en dous puntos:

Máis trabas á promoción do persoal mediante a apertura de postos a outras administracións, a persoal estatutario e docente e o aumento da discrecionalidade na selección de persoal mediante a provisión por libre designación.
Destrución de emprego público e precarización do servizo mediante a amortización de postos en tódolos niveis.

Dende a Dirección Xeral de Función Pública prometen que antes de final de ano haberá máis cambios nesta RPT (unha modificación grande ou varias pequenas, aseguran). É necesaria unha modificación profunda da RPT que efectivamente a adapte ás necesidades reais da Consellería e que teña en conta ademais o acordo sobre as condicións de traballo asinado recentemente. Así o manifestamos na xuntanza. Trasladamos ademais as demandas que nos achegaron dende os centros. Veremos o que nos propoñen dende a administración.

O resultado da votación foi o seguinte:

CSIF: En contra

CIG: En contra

CCOO: En contra

UGT: En contra

RPT da Consellería de Educación, Cultura, Formación Profesional e Universidades

Esta modificación consiste na creación de 41 postos de Coidador/a auxiliar. Inclúe tamén a creación de postos de persoal administrativo, limpador/a e axudante de cociña nalgúns centros da Consellería. Tamén hai algunhas amortizacións de postos, que se nos xustifican en base aos rateos establecidos na orde que regula os comedores escolares e na circular para o persoal non docente.

Precisamente, as nosas alegacións baseáronse principalmente na necesidade de actualizar os rateos establecidos e adaptalos á realidade actual dos centros. Por ese motivo non podemos estar a favor da modificación proposta.

O resultado da votación foi o seguinte:

CSIF: Abstención

CIG: En contra

CCOO: Abstención

UGT: Abstención

Flexibilidade horaria por motivos de conciliación

Negociamos o texto da Orde que regulará a flexibilidade horaria por conciliación en desenvolvemento da Lei 5/2021, do 2 de febreiro, de impulso demográfico da Galicia.

Esta orde estenderá o acceso á flexibilidade horaria a todo o persoal do sector público autonómico con fillos ou fillas ou persoas acollidas menores idade ou fillos ou fillas maiores de idade con medidas de apoio para as persoas con discapacidade ao seu cargo; familiares que precisen asistencia ou persoas con discapacidade ao cargo ata o primeiro grao de consanguinidade ou afinidade; e empregadas públicas vítimas de violencia de xénero.

Non obstante, quedarán fora do ámbito de aplicación desta orde o persoal que presta servizo nos centros docentes, o persoal da Administración de xustiza e o que presta servizo nas institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde. Pensamos que este persoal debería estar incluído e polo tanto non podemos votar a favor do texto.

O sentido do voto foi o seguinte:

CSIF: Abstención

CIG: En contra

CCOO: Abstención

UGT: Abstención

COMPARTIR