CSIF solicita a creación do segundo xulgado para Sarria e, de forma transitoria, o nomeamento de persoal de reforzo suficiente.

  • Otros artículos

26 de abril de 2024

Dende CSIF enviamos escritos á Dirección Xeral de Xustiza e tamén a Comisión Mixta do TSXG pois consideramos que, dados os datos de volume de asuntos neste partido xudicial nos últimos anos, é necesario que se propoña en sucesivas peticións ao goberno central a creación dun segundo xulgado para Sarria. 

Sen ir máis lonxe, no ano 2023 tiveron entrada 1240 asuntos civís, entre declarativos e execucións, o que supera ampliamente o previsto no Acordo entre o CXPX e o Ministerio de Xustiza para a determinación do sistema de medición da carga de traballo dos órganos xudiciais, Orde Jus/1415/2028, de 28 de decembro e que ven consolidando unha tendencia á alza nos últimos
anos (neste primeiro trimestre de 2024 os datos seguen a ser alarmantes) polo que é necesario que se tomen medidas.

É certo que as plantillas non son estables pero é imposible que o funcionariado permanezca no xulgado con esta situación tan caótica e traballando con niveis cada vez máis elevados de estrés.

Así, dende CSIF solicitamos que se propoña nas seguintes peticións ao goberno central a creación dun segundo xulgado para Sarria e que, de forma transitoria, se nomee persoal de reforzo suficiente para tratar de paliar, en certo modo, a escalada no volume de asuntos pois estase convertendo en algo estrutural, non conxuntural.

ARCHIVOS ADJUNTOS

COMPARTIR